O Manifesto do Deseño de Contido
Aínda que hai incontables artigos e ducias de libros sobre deseño de contido, non hai realmente unha declaración compartida que diga isto é o que somos. Isto é o que facemos. Isto é o que creemos. Cara aquí é onde nos diriximos. Un manifesto é un escrito ou declaración que esboza as crenzas, valores e intencións dun grupo ou individuo. Frecuentemente utilízase para expresar unha visión de futuro. Tamén pode defender unha causa ou movemento particular, ou, neste caso, un campo profesional.
Era o que necesitabamos, non só para que a nosa comunidade se consolide, senón tamén para calquera persoa que teña curiosidade sobre o que facemos e por que. Non necesitas traballar en deseño para valorar que o contido dun produto sexa significativo, inclusivo e claro. (E se valoras iso, agora é un bo momento para aprender máis sobre o deseño de contido!)
A nosa esperanza é que este manifesto non só sirva para comunicar o propósito e o valor do deseño de contido, senón que tamén proporcione unha visión clara de cara onde debe dirixirse o noso traballo.
Se compartes estes obxectivos, a túa participación é benvida. Para engadir a túa sinatura, facer preguntas ou facer suxestións (incluídas as traducións), enche este formulario.
Traducido por Carlos Alonso